jueves, 5 de julio de 2012

JAZZ

Seguindo co noso proxecto da escravitude ao jazz o alumnado de 4º ESO elaborou un blog con todos os seus traballos (vídeos e presentacións) sobre a manifestación cultural máis representativa de poboación negra nos EEUU: O JAZZ. Preme na imaxe para ver o blog.

Powerpoint escravitude

LECTURA XULIO VERNE
SEGUIMOS CUNHA LECTURA PARA 2º ESO DA VERSIÓN ADAPTADA EN INGLÉS SOBRE O LIBRO DE XULIO VERNE “20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO”. VER MÁIS FOTOS E INFORMACIÓN.

ENSENADA SAN SIMÓN

Co alumnado de 3º ESO fixemos unha busca sobre diferentes aspectos relacionados coa Ensenada de San Simón. Preme aquí para ver os traballos do alumnado. Logo escribimos algunhas reflexións sobre o mar. Aquí están as mellores.

miércoles, 4 de julio de 2012

 AS MATEMÁTICAS E O MAR
Os departamentos de Plástica e Matemáticas realizaron un traballo conxunto que consistiu: unha exposición de fondos marinos (cuxos resultados podes ver nas fotos) e unha presentación de formas matemáticas a partir de fotos do porto de Cesantes. Se queres ver o resultado preme aquí.

UNHA MIRADA MATEMÁTICA DO MAR

OS SUBMARINOS

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL E BUSCA DE INFORMACIÓN
Queres saber as partes dun submarino? Como se constrúen? … O alumnado de Tecnoloxía de 2º da ESO mostran os seus traballos de busca documental que levaron a cabo na biblioteca do centro. Preme aquí para saber máis.